22 / 06 / 2023
A AF COLEXIATA DO SAR CONVÍDAVOS
A PARTICIPAR NO FESTIVAL
FOLK NA BEIRA DO SAR 2023
O sábado 1 e o domingo 2 de xullo convidámosvos a participar no festival FOLK NA BEIRA DO SAR 2023, unha nova edición destas xornadas de cultura e convivencia no Camiño da Prata. A continuación presentámosvos o programa de actividades, que culminarán cun gran fin de festa a cargo de Carlos Núñez.

FOLK NA BEIRA DO SAR 2023: PROGRAMA DE ACTIVIDADES
—
SÁBADO 1 DE XULLO
Cata de queixos
A cargo de David Liñares Rey, propietario da empresa «ALDALI Distribuciones»
Horta da Colexiata | 11:30 H
Cata de viños
A cargo de Nuria Quintela Fernández, sumiller e propietaria do restaurante «O Afiador» (Compostela)
Horta da Colexiata | 12:00 H
Degustación de produtos galegos
Horta da Colexiata | 12:30 H
Exposición «Galicia polo miúdo»
Mostra de traxes tradicionais galegos en miniatura organizada por Montse Liñares Bello, propietaria de «Bulideira»
Claustro da Colexiata | 11:00 H
Espectáculo musical para nen@s «Xiana e a Meiga Xela»
A cargo do grupo Música Miúda
Horta da Colexiata | 12:30 H
Sesión vermú a cargo do grupo Comando Curuxás
Horta da Colexiata | 13:00 H
Festival de Música e Baile Tradicional
Coa actuación das agrupacións Colexiata do Sar, Devagarinho e outras
Horta da Colexiata | 18:00 H
—
DOMINGO 2 DE XULLO
Carlos Núñez: concerto da xira «Lugares Máxicos»
Coa participación da Agrupación Folclórica Colexiata do Sar
Praza da colexiata | 20:30 H
Entradas á venda en Ataquilla.com
—
Podedes descargar o programa de actividades neste enlace.