BENVIDOS Á COLEXIATA

PRESENTACIÓN DO NOSO FUNDADOR,
DON JOSÉ PORTO BUCETA

Na Comunidade Parroquial de Sar, polos anos 1978-1979, comezou a enxergarse a creación dunha agrupación folclórica.

Eran moitos os rapaces e rapazas que acudían ao club parroquial e, contando con este elemento humano e para dar canle ás súas ilusións e fomentar a unión entre eles, pensouse en crear unha agrupación folclórica, tendo en conta que había uns dous ou tres traxes de vestimenta galega.

A idea foi proposta aos mozos, aos cales lles gustou a idea.

Reunímonos unhas cantas persoas maiores: Juan Rivas Sixto, Antolín Seoane e as señoras Maruja González Moure, Teresa Becerra Coto e Peregrina Ferrín, para que elas, baixo a dirección de José Luis Míguez Abucide, Director da Agrupación, se encargasen da confección dos traxes.

No ano 1980 materializouse esta idea na formalización dos Estatutos da Agrupación Folclórica Colexiata do Sar, e dende entón vén traballando con entusiasmo polo desenvolvemento, sostemento e perfección do Folclore galego.

O noso fundador,
Don José Porto Buceta

  • Don José Porto Buceta durante a visita a Os Ánxeles, California (EE.UU., 2000)

  • Don José Porto Buceta durante la visita a Los Ángeles, California (EE.UU., 2000)