A NOSA HISTORIA

DENDE 1980 DIFUNDINDO
O FOLCLORE DO NOSO POBO

A Agrupación Folclórica Colexiata do Sar fundouse no ano 1980 no barrio de Sar, en Santiago de Compostela (A Coruña), cos obxectivos de formar e perfeccionar a sensibilidade artístico-musical dos seus membros, difundir a música e o folclore do noso pobo, e contribuír ao desenvolvemento cultural do barrio.

A agrupación amosou sempre gran interese pola música e a danza tradicional, traballando na recuperación, conservación e transmisión da nosa cultura, co obxecto de amosar sobre o escenario un traballo de calidade e que represente fielmente o noso folclore.

Tamén ten gran importancia dentro da agrupación a recuperación da vestimenta tradicional, a través da confección de traxes e outros complementos.

O futuro depara experiencias de éxito, e tamén permanentes metas a superar. Tanto os compoñentes como os directores da Agrupación Folclórica Colexiata do Sar son conscientes de que, unidos pola idea común da danza e a música tradicional galega, non existen metas insuperables, marcándose como obxectivo fundamental viaxar a calquera parte do mundo para amosar o noso folclore e o noso traballo.

Imaxes para
unha longa historia

  • Actuación nas Festas de Sar (Santiago de Compostela, 1981)

  • Actuación nas Festas de Sar (Santiago de Compostela, 1981)

  • Actuación nas Festas de Sar (Santiago de Compostela, 1981)

  • Actuación na Praza do Obradoiro (Santiago de Compostela, 1981)

  • Actuación na Praza do Obradoiro (Santiago de Compostela, 1981)

  • Celebración do Día da Hispanidade (Nova Iorque, EE.UU., 1981)

  • XIII Xornadas de Folclore Galego - Medalla de Ouro (Santiago de Compostela, 1981)

  • Recepción co presidente arxentino Raúl Alfonsín (Bos Aires, Arxentina, 1984)

  • Recepción co presidente da Xunta de Galicia, Xerardo Fernández Albor, ao regreso da viaxe a Bos Aires (Santiago de Compostela, 1985)

  • Actuación na Apertura da Europalia (Bruxelas, Bélxica, 1986) 1986