30 / 07 / 2025

ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA
PARA O CURSO 2025/2026 NA NOSA
ESCOLA DE BAILE E MÚSICA TRADICIONAL

AF Colexiata do Sar: Escola de Baile e Música Tradicional

Ata o vindeiro 30 de setembro podedes matricularvos nas actividades do novo curso da nosa Escola de Baile e Música Tradicional. A solicitude de matrícula debe realizarse directamente a través da nosa páxina web, cumprimentando un sinxelo formulario.

18 / 07 / 2025

A AF COLEXIATA DO SAR
PARTICIPARÁ NA EDICIÓN 2025
DAS XORNADAS DE FOLCLORE GALEGO

Agrupación Folclórica Colexiata do Sar: Xornadas de Folclore Galego de Santiago de Compostela

O sábado 19 de xullo, a partir das 21:00 horas, a Agrupación Folclórica Colexiata do Sar participará na edición 2025 das Xornadas de Folclore Galego, unha exhibición de música e baile tradicional que se celebra en Santiago de Compostela dende hai máis de 30 anos.

28 / 05 / 2025

ACTUACIÓNS DA AF COLEXIATA DO SAR
NAS FESTAS DA ASCENSIÓN 2025
DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Agrupación Folclórica Colexiata do Sar: Festas da Ascensión

Os vindeiros 29 e 31 de maio, con motivo da celebración das Festas da Ascensión 2025 en Santiago de Compostela, a Agrupación Folclórica Colexiata do Sar e a súa Escola de Danza e Música Tradicional actuarán en distintas prazas do centro histórico da cidade.