11 / 06 / 2019

FOLIADA «SONS DO SAR» 2019

O vindeiro sábado 15 de xuño, a partir das 20:30 horas, celebraremos a foliada «Sons do Sar» na Praza da Colexiata. Con este evento popular, organizado pola Agrupación Folclórica Colexiata do Sar e a Asociación Cultural «Eu de Sar de Toda a Vida», queremos dinamizar o noso barrio e adiantar a celebración do San Xoán.

Foliada Sons do Sar 2019

A música tradicional correrá a cargo da Agrupación Folclórica Colexiata do Sar, as pandereteiras da Asociación Cultural Pena Maior, o Grupo de Música Tradicional Aires de Compostela e @s viradeir@s, entre outros.

O broche musical será un concerto folk do grupo Ker Cuez e, como colofón, desfrutaremos dunha «Queimada e Conxuro».

Lembrade: todo isto e moitas sorpresas máis agárdanvos o sábado 15 de xuño, a partir das 20:30 horas, na Praza da Colexiata. Non faltedes!