05 / 05 / 2016

ACTUACIÓNS DA AF COLEXIATA DO SAR
NAS FESTAS DA ASCENSIÓN 2016
DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Desde o xoves 5 ata o domingo 8 de maio, o Orfeón Tradicional e os grupos da Agrupación Folclórica Colexiata do Sar ofrecerán varias actuacións en distintas rúas de Santiago de Compostela, con motivo da celebración das Festas da Ascensión 2016: a continuación informámosvos do calendario.

Agrupación Folclórica Colexiata do Sar: Folk nas Prazas

FOLCLORE NAS PLAZAS
Xoves 5 de maio, a partir das 18:00 horas

Actuación do Grupo de Danza e Música Tradicional e do Orfeón Tradicional da Agrupación Folclórica Colexiata do Sar nas seguintes prazas de Santiago de Compostela:

18:00-18:20 horas: Praza de Cervantes
18:30-18:50 horas: Praza de San Agustín
19:00-19:20 horas: Praza do Toural
19:30-19:50 horas: Praza do Obradoiro

Como colofón, ás 20:00 horas as catro agrupacións participantes (Colexiata do Sar, Ultreia, Brincadeira e Cantigas e Agarimos) actuarán conxuntamente na Praza da Inmaculada.

En caso de choiva, as actuacións terán lugar no Teatro Principal a partir das 19:00 horas, realizando cada agrupación unha intervención de vinte minutos aproximadamente.

 

MERCADO DE ARTE E ARTESANÍA
De venres 6 a domingo 8 de maio
Carreira do Conde / Praza Roxa

Venres 6 de maio, de 19:00 a 20:00 horas
Orfeón Tradicional e Grupo de Gaitas

Sábado 7 de maio, de 19:00 a 20:00 horas
Grupo de Danza e Música Tradicional

Domingo 8 de maio, de 12:00 a 13:00 horas
Grupo de Danza e Música Tradicional

Domingo 8 de maio, de 19:00 a 20:00 horas
Orfeón Tradicional e Grupo de Gaitas