17 / 07 / 2015

A AF COLEXIATA DO SAR
PARTICIPARÁ NA EDICIÓN 2015
DAS XORNADAS DE FOLCLORE GALEGO

O sábado 18 de xullo, a partir das 21:00 horas, a Agrupación Folclórica Colexiata do Sar participará na edición 2015 das Xornadas de Folclore Galego, unha exhibición de música e baile tradicional galego que se celebra en Santiago de Compostela dende hai máis de 30 anos.

AF Colexiata do Sar: Xornadas de Folclore Galego 2015 de Santiago de Compostela

A cita, enmarcada na programación das Festas do Apóstolo, terá lugar na Praza da Quintana de Santiago de Compostela e, ademais da Agrupación Folclórica Colexiata do Sar, actuarán nestas Xornadas de Folclore Galego os grupos Brincadeira, Cantigas e Agarimos e Ultreia.

Esperámosvos!