01 / 09 / 2013

GALIZA EN FELTRO:
A ORIXE DOS BONECOS
DA NOSA PÁXINA WEB

Por se alguén non o sabe, os bonecos que ilustran a cabeceira da nosa páxina web están inspirados no traballo de varios artesáns do feltro, especialmente Galiza en Feltro, que destaca pola súa sorprendente capacidade para capturar con inimitable mestría e sinxeleza a complexa esencia dos traxes tradicionais galegos.

Galiza en Feltro

Á hora de buscar a forma de simbolizar e transmitir a actividade e filosofía da Agrupación na nosa páxina web, recorremos a este tipo de traballo manual, que consideramos unha das expresións máis orixinais da nosa cultura.

A Agrupación Folclórica Colexiata do Sar non se dedica nin se dedicará á venda deste tipo de manualidades, polo que vos invitamos a todos a coñecer ó verdadeiro autor visitando a súa páxina web, onde poderedes apreciar as marabillas que pode crear coas súas mans.

Esperamos que este recoñecemento contribúa a unha maior difusión deste tipo de artesanía, e que chegue a ser tan coñecida e recoñecible como o é o son dunha gaita galega.