22 / 01 / 2013
A AF COLEXIATA DO SAR
EXPLICOU AO ALCALDE DE COMPOSTELA
OS SEUS PROXECTOS CULTURAIS
O alcalde recibiu á Agrupación Folclórica Colexiata do Sar e, nesta reunión, a entidade expúxolle a Ángel Currás os seus principais proxectos culturais e deportivos, para os que solicitou a colaboración municipal.
O rexedor compostelán comprometeuse coa Agrupación a contribuír na medida das posibilidades a "reforzar a actividade cultural e deportiva" da mesma. Tamén se van a estudar as posibilidades para resolver o problema de acumulación de sedimentos arrastrados polo río Sar no entorno da ponte.