30 / 07 / 2025

ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA
PARA O CURSO 2025/2026 NA NOSA
ESCOLA DE BAILE E MÚSICA TRADICIONAL

Ata o vindeiro 30 de setembro podedes matricularvos nas actividades do novo curso da nosa Escola de Baile e Música Tradicional. A solicitude de matrícula debe realizarse directamente a través da nosa páxina web, cumprimentando un sinxelo formulario.

AF Colexiata do Sar: Escola de Baile e Música Tradicional

Nesta páxina encontraredes o formulario para matricularvos nas distintas actividades. O novo curso iniciarase a principios do mes de outubro: proximamente informarémosvos das datas concretas. Podedes solicitar máis información chamando aos teléfonos 696 733 368 (Rafa) ou 629 714 972 (Ana). Tamén podedes seguirnos en Facebook, onde vos manteremos informados de todas as novidades relacionadas coa Agrupación e a súa Escola.