14 / 06 / 2022

A AF COLEXIATA DO SAR CONVÍDAVOS
A PARTICIPAR NO FESTIVAL
FOLK NA BEIRA DO SAR

O vindeiro sábado 2 de xullo convidámosvos a participar no festival FOLK NA BEIRA DO SAR, unha xornada de cultura e convivencia no Camiño da Prata pensada para desfrutar da música, a gastronomía, a arte e a literatura. A continuación presentámosvos o programa de actividades, que culminarán cun gran fin de festa a cargo de Carlos Núñez: reservade o día e acompañádenos!

AF Colexiata do Sar: Folk na beira do Sar

FOLK NA BEIRA DO SAR: PROGRAMA DE ACTIVIDADES

12:00 H | BRAÑAS DO SAR

Cata de viños
A cargo de Nuria Quintela Fernández,
sumiller e propietaria do restaurante O Afiador (Compostela)

Cata de queixos
A cargo de David Liñares Rey,
propietario da empresa ALDALI Distribuciones

Cata de meles
A cargo de Beatriz Ríos Cebreiro
Encargada do CRIXP Mel de Galicia

Cociña ao vivo e degustación de tapas elaboradas con produtos galegos
A cargo do cociñeiro Jesús Liste Otero,
profesor no IES de Foz, rama de Hostelería e Turismo

12:30 H | CLAUSTRO DA COLEXIATA

Instalación «Arte e innovación»
Peza do artista visual Rubén Ramos Balsa

Exposición «La vestimenta tradicional gallega»
Organizada pola Agrupación Folclórica Colexiata do Sar

As exposicións serán inauguradas o venres 1 de xullo a partir das 18:00 H

13:00 H | CLAUSTRO DA COLEXIATA

Presentación do libro «Nos vemos en la huerta. Consejos de hoy (o de ayer) para un cultivo variado, productivo y responsable»
de Juanjo Rodríguez (diariodunnenolabrego.com)

Presentación do libro «Pezas guapas para zanfona, acordeón e gaita»
de Xosé Manuel Fernández 'Muxicas'

14:00 H | BRAÑAS DO SAR

Sesión vermú
Co grupo Kercuez

Contacontos
Animación para nen@s

17:00 H | BRAÑAS DO SAR

Festival de Música e Baile Tradicional
coa actuación dos grupos:

Colexiata do Sar (Compostela)
Brincadeira (Compostela)
Rosalía de Castro (Teo)
Raigames (Vigo)
Os Castros (Ames)
Batepaus (Touro)

20:30 H | PRAZA DA COLEXIATA

Carlos Núñez: concerto da xira «Lugares Máxicos»
coa participación da Agrupación Folclórica Colexiata do Sar
Entradas á venda en Ataquilla.com



Podedes descargar o programa de actividades neste enlace.