23 / 02 / 2022

A AF COLEXIATA DO SAR PARTICIPARÁ
NAS CELEBRACIÓNS DO ENTROIDO 2022
DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Por fin, un ano despois do parón obrigado pola pandemia, as festas do Entroido volverán ocupar as rúas de Santiago de Compostela entre o 26 de febreiro e o 5 de marzo, e a Agrupación Folclórica Colexiata de Sar participará nas celebracións organizadas polo Concello.

AF Colexiata do Sar: Entroido

O sábado 26 de febreiro, a partir das 18:30 horas, a Agrupación Folclórica Colexiata de Sar, acompañada por uns «xenerais», realizará un pasacalles que percorrerá as rúas de Compostela desde a Praza Roxa ata a Praza de Cervantes, pasando polo centro histórico da cidade, interpretando músicas e cantares da comarca de Santiago.

Acompañádenos!