07 / 09 / 2021
ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA
PARA O CURSO 2021/2022 NA NOSA
ESCOLA DE BAILE E MÚSICA TRADICIONAL
Ata o vindeiro 30 de setembro podedes matricularvos nas actividades do novo curso da nosa Escola de Baile e Música Tradicional. A solicitude de matrícula debe realizarse directamente a través da nosa páxina web, cumprimentando un sinxelo formulario.

A nosa escola imparte clases tanto a nenos e mozos de 4 a 14 anos coma a adultos. Nesta páxina encontraredes máis información, así como o formulario para matricularvos nas distintas actividades:
— Acordeón (música tradicional)
— Linguaxe musical e solfexo
— Instrumento (clarinete, saxo, frauta)
— Canto e pandeireta
— Orfeón tradicional
— Gaita
— Baile tradicional (Adultos)
— Baile tradicional (De 4 a 14 anos)
— Pandeireta (De 4 a 14 anos)
— Percusión (Adultos)
— Percusión (De 4 a 14 anos)
O novo curso iniciarase a primeira semana do mes de outubro: proximamente informarémosvos das datas concretas.
Podedes solicitar máis información chamando aos teléfonos 696 733 368 (Rafa) ou 629 714 972 (Ana). Tamén podedes seguirnos en Facebook, onde vos manteremos informados de todas as novidades relacionadas coa Agrupación e a súa Escola.