30 / 07 / 2019

ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA
PARA O CURSO 2019/2020 NA NOSA
ESCOLA DE BAILE E MÚSICA TRADICIONAL

Xa se atopa aberto o prazo de matrícula para o novo curso na Escola de Baile e Música Tradicional da Agrupación Folclórica Colexiata do Sar. A solicitude de matrícula debe realizarse directamente a través da nosa páxina web, cumprimentando un sinxelo formulario.

AF Colexiata do Sar: Escola de Baile e Música Tradicional

A nosa escola imparte clases tanto a nenos e mozos de 4 a 14 anos coma a adultos. Nesta páxina encontraredes máis información, así como o formulario para matricularvos, e neste enlace podedes consultar os horarios das actividades:

— Acordeón (música tradicional)
— Linguaxe musical e solfexo
— Instrumento (clarinete, saxo, frauta)
— Canto e pandeireta
— Orfeón tradicional
— Gaita
— Baile tradicional (Adultos)
— Baile tradicional (De 4 a 14 anos)
— Pandeireta (De 4 a 14 anos)
— Percusión (Adultos)
— Percusión (De 4 a 14 anos)
— Pilates
— Zumba Fitness
— Zumba Gold

Podedes solicitar máis información chamando aos teléfonos 696 733 368 (Rafa) ou 629 714 972 (Ana).

Tamén podedes seguirnos en Facebook, onde vos manteremos informados de todas as novidades relacionadas coa Agrupación, a súa Escola e as novas actividades que presentaremos proximamente.