23 / 07 / 2019

A AF COLEXIATA DO SAR
PARTICIPARÁ NA EDICIÓN 2019
DAS XORNADAS DE FOLCLORE GALEGO

O sábado 27 de xullo, a partir das 21:30 horas, a Agrupación Folclórica Colexiata do Sar participará na edición 2019 das Xornadas de Folclore Galego, unha exhibición de música e baile tradicional que se celebra en Santiago de Compostela dende hai máis de 30 anos. Ademais, como prólogo ao evento, as agrupacións participantes ofrecerán un desfile polas rúas da cidade.

Agrupación Folclórica Colexiata do Sar: Xornadas de Folclore Galego de Santiago de Compostela

A cita, enmarcada na programación das Festas do Apóstolo, terá lugar na Praza da Quintana de Santiago de Compostela e, ademais da Agrupación Folclórica Colexiata do Sar, actuarán nestas Xornadas de Folclore Galego os grupos Brincadeira, Cantigas e Agarimos e Ultreia.

Antes das Xornadas, cada unha das agrupacións partirá desde un punto da cidade, desfilando polas rúas ata chegar á Praza da Quintana. A Agrupación Folclórica Colexiata do Sar iniciará o seu traxecto no convento de Santo Domingo de Bonaval, seguindo o traxecto que se pode ver neste plano:

Agrupación Folclórica Colexiata do Sar: Xornadas de Folclore Galego de Santiago de Compostela

Contamos convosco!