23 / 12 / 2018

A AF COLEXIATA DO SAR PARTICIPARÁ
NO CICLO «AS RAÍCES NA PEDRA»

O ciclo «As Raíces na Pedra» comezou no ano 2017, froito da colaboración entre o Concello de Santiago e catro das agrupacións de baile e música tradicional da cidade, co obxectivo de difundir a nosa cultura tradicional dun xeito lúdico e participativo. Para este ano 2018 enmárcase dentro do programa de Nadal do Concello, e consta dunha parte didáctica e dunha actuación a cargo de cada un dos grupos.

Agrupación Folclórica Colexiata do Sar: As Raíces na Pedra

As actuacións da Agrupación Folclórica Colexiata do Sar serán as seguintes:

—Sábado 29 de decembro
19:00 horas
Teatro Principal

Actuación conxunta con Brincadeira, na que mostraremos parte do noso repertorio tradicional.

—Domingo 30 de decembro
18:00 horas
«Cantadas de Nadal» polas rúas de Santiago e a Praza do Toural

As agrupacións Cantigas e Agarimos e Colexiata do Sar percorreremos as rúas da cidade interpretando cantos de Nadal. Pasaremos por puntos emblemáticos e entregaremos aos asistentes as letras dos temas para que poidan participar. Cada grupo fará un percorrido distinto e, finalmente, atoparémonos na Praza do Toural para unha última cantada conxunta.

Podedes consultar o programa completo de «As Raíces na Pedra» neste enlace. Contamos convosco!