04 / 12 / 2018

A AF COLEXIATA DO SAR PRESENTA
O ESPECTÁCULO «CANTARES ACORDADOS»
NO AUDITORIO DE GALICIA

O domingo 9 de decembro, ás 19:00 horas, a Agrupación Folclórica Colexiata do Sar, coa colaboración da Banda de Música Cultural de Teo, presentará o espectáculo «Cantares Acordados» no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela.

Agrupación Folclórica Colexiata do Sar: Cantares Acordados

A entrada ao evento é gratuíta pero, por motivos de aforo, é preciso retirar invitación. Podedes solicitalas escribindo ao email colexiata@colexiata.com, e recollelas no Auditorio de Galicia o día do espectáculo a partir das 17:30 horas.

Por outra banda, ao tratarse dun acto benéfico organizaremos unha recollida de alimentos: traede os que poidades e nós encargarémonos de entregalos no banco de alimentos.

Neste documento podedes consultar o programa do espectáculo.

Contamos convosco!