24 / 07 / 2018

A AF COLEXIATA DO SAR
PARTICIPARÁ NA EDICIÓN 2018
DAS XORNADAS DE FOLCLORE GALEGO

Este sábado, 28 de xullo, convidámosvos a acompañarnos nunha cita ineludible nas Festas do Apóstolo de Santiago de Compostela: unha nova edición das Xornadas de Folclore Galego, que terá lugar a partir das 21:30 horas na compostelá Praza da Quintana.

Agrupación Folclórica Colexiata do Sar: Xornadas de Folclore Galego de Santiago de Compostela

Este ano, para conmemorar o 50 aniversario das Xornadas de Folclore Galego, na Agrupación Folclórica Colexiata do Sar preparamos unha actuación moi especial, coa que rememoraremos a nosa primeira participación neste evento, a principios dos anos 80. Reuniremos a catro xeracións de bailadores e bailadoras da agrupación, recuperaremos os coloridos traxes orixinais daquela primeira época, e interpretaremos as dúas pezas que bailamos entón.

Cales serán? Non volo perdades e descubrídeo en directo! Xunto con Brincadeira, Cantigas e Agarimos e Ultreia, ofreceremos un espectáculo que merecerá moitísimo a pena: esperámosvos!