09 / 01 / 2018

PARTICIPA NA COMPARSA DE ENTROIDO
ORGANIZADA POLA AF COLEXIATA DO SAR
PARA O DESFILE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

A Agrupación Folclórica Colexiata do Sar, en colaboración coa Asociación Cultural «Eu de Sar de toda a vida», preparará unha comparsa coa que participará, o vindeiro 13 de febreiro de 2018, no desfile de entroido organizado polo Concello de Santiago de Compostela.

Participa na comparsa de entroido organizada pola AF Colexiata do Sar

Se estades interesados en participar, podedes apuntarvos (aínda que non formedes parte da Agrupación) a través do formulario de contacto da nosa web, indicando «Comparsa de Entroido» no asunto da mensaxe. Tamén podedes facelo no noso local a partir do sábado 13 de xaneiro. Para consultarnos calquera dúbida, enviádenos un email a colexiata@colexiata.com.

O sábado 13 de xaneiro, a partir das 11:15 horas, celebraremos unha xuntanza no local da Agrupación (Praza da Colexiata s/n), na que explicaremos máis polo miúdo en que consistirá a comparsa que organizaremos:

— De que iremos disfrazados
— Como elaboraremos os disfraces
— Días que lle adicaremos á súa confección

Por suposto, tamén aclararemos calquera dúbida ou cuestión que poidades plantexar.

Moitísimas grazas a todos os que vos animedes a participar nesta iniciativa: agardámosvos!