15 / 06 / 2017

A AF COLEXIATA DO SAR ACTUARÁ NO
«OBRADOIRO DE FORXA» ORGANIZADO POLO
CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Do 16 ao 18 de xuño celebrarase na Praza da Quintana un «Obradoiro de Forxa» organizado polo Concello de Santiago de Compostela, que reunirá aos 20 mellores ferreiros e ferreiras do Estado. A animación musical do evento correrá a cargo da Agrupación Folclórica Colexiata do Sar, que actuará nos horarios que vos indicamos a continuación.

Agrupación Folclórica Colexiata do Sar: Obradoiro de Forxa 2017

ACTUACIÓNS DA AF COLEXIATA DO SAR NO «OBRADOIRO DE FORXA»:

Venres 16: de 19:30 a 21:00 horas
Sábado 17: de 22:30 a 23:30 horas.
Domingo 18: de 13:00 a 14:00 horas.

O obxectivo deste encontro de forxa é poñer en valor e recuperar os antigos oficios, ofrecendo unha oportunidade única e exclusiva de coñecer este gremio e ver o seu traballo de primeira man, desde o deseño en papel ata a súa execución.

Tamén haberá unha sesión especial de forxa nocturna na noite do sábado 17 de xuño, entre as 22:30 e as 23:30 horas. A obra resultante pasará a formar parte do patrimonio da cidade, exhibíndose indefinidamente no espazo urbano elixido.

Non volo perdades!