02 / 03 / 2017

PROPOSTAS DA AF COLEXIATA DO SAR
INSCRITAS NA REDE CULTURAL
DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Agrupación Folclórica Colexiata do Sar ten inscritas varias propostas na Rede Cultural da Deputación da Coruña, entre as que destaca unha nova sección inaugurada hai dous anos: o Orfeón Tradicional. Ata o día 10 de marzo, os concellos ou asociacións que desexen contratar unha destas propostas poden contactar connosco a través do email colexiata@colexiata.com.

As claves que identifican as nosas propostas na Rede Cultural da Deputación da Coruña son as seguintes:

— CA/55 - Agrupación Folclórica Colexiata do Sar (Música e Canto)
— BG/32 - Grupo de Música Tradicional Colexiata do Sar (Vai o tradicional)
— CA/57 - Orfeón Tradicional Colexiata do Sar (Canto popular)
— CA/56 - Agrupación Folclórica Colexiata do Sar (Recuperando tradicións, música, canto e baile tradicional)