06 / 09 / 2016/2017

ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA
PARA O CURSO 2016/2017 NA NOSA
ESCOLA DE BAILE E MÚSICA TRADICIONAL

Ata o vindeiro venres 30 de setembro encóntrase aberto o prazo de matrícula para o novo curso na Escola de Baile e Música Tradicional da Agrupación Folclórica Colexiata do Sar. A solicitude de matrícula debe realizarse directamente a través da nosa páxina web, cumprimentando un sinxelo formulario.

AF Colexiata do Sar: Escola de Baile e Música Tradicional

A nosa escola imparte clases tanto a nenos e mozos de 4 a 14 anos coma a adultos. Nesta páxina encontraredes máis información, así como o formulario para matricularvos. As clases do curso 2016/2017 comezarán o luns 3 de outubro coas seguintes actividades:

— Baile tradicional (De 4 a 14 anos)
— Baile tradicional (Adultos)
— Coro tradicional
— Canto e pandeireta
— Gaita
— Percusión
— Solfexo e linguaxe musical
— Acordeón (Música tradicional)
— Instrumento: clarinete, saxo, frauta

Podedes solicitar máis información chamando aos teléfonos 696 733 368 (Rafa) ou 629 714 972 (Ana).

Tamén podedes seguirnos en Facebook, onde vos manteremos informados de todas as novidades relacionadas coa Agrupación e a súa Escola: esperámosvos!