06 / 06 / 2016

A AF COLEXIATA DO SAR ORGANIZA
O SERÁN DAS ESCOLAS
EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

O vindeiro sábado, 11 de xuño, seis grupos de Baile e Música Tradicional Galega participarán no «Serán das Escolas», organizado pola Agrupación Folclórica Colexiata do Sar en colaboración co Concello de Santiago de Compostela: a continuación atoparedes todos os detalles deste evento.

Agrupación Folclórica Colexiata do Sar: Serán das Escolas

GRUPOS PARTICIPANTES:

— Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia
— Grupo de Música e Baile Tradicional Brincadeira
— Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos
— Agrupación Folclórica Colexiata do Sar
Dos grupos invitados, que actuarán no parque de Bonaval

HORARIO:

— De 17:00 a 20:00 horas

ACTUACIÓNS:

Ás 17:00 horas cada grupo sairá dunha praza, realizando un desfile pola zona vella de Santiago de Compostela ata a Porta do Camiño. Desde alí, todos os grupos se dirixirán ao parque de Bonaval para, a partir das 18:30 horas, ofrecer cada un unha actuación de 20 minutos aproximadamente.

Os grupos sairán das seguintes prazas compostelás:

Praza do Obradoiro: Grupo de Música e Baile Tradicional Brincadeira
Praza de Cervantes: Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos
Praza de Praterías: Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia
Praza do Toural: Agrupación Folclórica Colexiata do Sar

A orde das actuacións en Bonaval será o seguinte:

— Grupo de Música e Baile Tradicional Brincadeira
— Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos
— Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia
— Agrupación Folclórica Colexiata do Sar
— Como fin de festa, actuarán os dous grupos invitados.

Esperámosvos!