02 / 02 / 2016

O GRUPO DE MÚSICA E ORFEÓN TRADICIONAL
COLEXIATA DO SAR ACTUARÁ
NAS FESTAS DE SAN BRAIS 2016

O mércores 3 de febreiro, ás 21:00 horas, o Grupo de Música e Orfeón Tradicional Colexiata do Sar actuará na festa que a parroquia de Sar (Santiago de Compostela) celebra anualmente en honor a San Brais.

Orfeón Colexiata do Sar

A festa de San Brais, toda unha tradición na parroquia de Sar, conmemora o día do martirio do santo, patrón das enfermidades de garganta, nariz e oídos.

O Grupo de Música e Orfeón Tradicional Colexiata do Sar sumarase a estas celebracións cunha actuación, que terá lugar ás 21:00 horas na Praza da Colexiata.

Esperámosvos!