15 / 01 / 2016

A AF COLEXIATA DO SAR PARTICIPARÁ
NA I POLAVILA RETRANQUEIRA DE AMES

O vindeiro sábado 16 de xaneiro, a partir das 19:00 horas, o grupo de gaiteiros da Agrupación Folclórica Colexiata do Sar participará na primeira edición do evento musical Polavila Retranqueira, que terá lugar en O Milladoiro (Ames).

A AF Colexiata do Sar participará na I Polavila Retranqueira de Ames

O evento Polavila Retranqueira, organizado pola Asociación Cultural Retranqueiros de Ames con motivo do seu primeiro aniversario, arrincará ás 19:00 horas coa actuación de varios grupos folclóricos invitados para, a partir das 00:00 horas, dar paso a unha foliada aberta, na que calquera que o desexe poderá unirse a tocar.

A I Polavila Retranqueira celebrarase nunha carpa pechada, situada no aparcadoiro próximo ao Centro Socio-Cultural de O Milladoiro (Ames).

Esperámosvos!