04 / 09 / 2015

ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA
PARA O CURSO 2015/2016 NA NOSA
ESCOLA DE BAILE E MÚSICA TRADICIONAL

Dende oluns 7 ata o mércores 30 de setembro, encóntrase aberto o prazo de matrícula para o novo curso na Escola de Baile e Música Tradicional da Agrupación Folclórica Colexiata do Sar. A solicitude de matrícula debe realizarse directamente a través da nosa páxina web, cumprimentando un sinxelo formulario.

AF Colexiata do Sar: Escola de Baile e Música Tradicional

A nosa escola imparte clases tanto a nenos e mozos de 4 a 14 anos coma a adultos. Nesta páxina encontraredes máis información, así como un formulario para matricularvos. As clases do curso 2015/2016 comezarán o luns 5 de outubro.

Podedes solicitar máis información chamando aos teléfonos 696 733 368 (Rafa) ou 629 714 972 (Ana).