23 / 06 / 2015

ACTUACIÓN 35 ANIVERSARIO:
PRESENTACIÓN DO ORFEÓN
COLEXIATA DO SAR

O venres 26 de xuño, ás 22:00 horas, celebraremos no Teatro Principal de Santiago de Compostela a gala coa que conmemoraremos o 35 Aniversario da Agrupación Folclórica Colexiata do Sar. Baile, música e canto, máis de 50 persoas sobre o escenario e, como fío condutor do espectáculo, un audiovisual elaborado para a ocasión que percorrerá estes 35 anos de vida.

Presentación do Orfeón Colexiata do Sar

Aproveitaremos tamén para presentar ao Orfeón Colexiata do Sar, e contaremos coa colaboración das pandereteiras de Xirandaina e dos gaiteiros de Treixadura.

Agradecemos a colaboración do Concello de Santiago coa cesión do Teatro Principal.

Encantaríanos contar coa vosa presenza neste evento tan especial: esperámosvos!