17 / 06 / 2015

A AF COLEXIATA DO SAR ACTUARÁ
NAS FESTAS DE O CORPIÑO 2015

O Santuario de O Corpiño, situado na parroquia de Losón (Lalín, Pontevedra), celebrará os días 23 e 24 de xuño as súas festas en honor á Virxe, contando de novo coa presenza da Agrupación Folclórica Colexiata do Sar.

Festas de O Corpiño

Os grupos de Danza e Música Tradicional da Agrupación Folclórica Colexiata do Sar ofrecerán un pasacalles o día 23 ás 11:00 horas, e actuarán durante as dúas xornadas ás 12:30 horas, unha vez finalizada a misa solemne con procesión.

Vémonos por alí!