12 / 05 / 2015

O FOLK VOLVE ÁS PRAZAS
NAS FESTAS DA ASCENSIÓN 2015
DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

O vindeiro xoves 14 de maio, dentro do programa das Festas da Ascensión de Santiago de Compostela, celebrarase unha nova edición de «Folclore nas Prazas», na que participarán as agrupacións Colexiata do Sar, Ultreia, Brincadeira e Cantigas e Agarimos.

Folk nas Prazas nas Festas da Ascensión 2015

O Grupo de Danza e Música Tradicional da AF Colexiata do Sar actuará, xunto ao Orfeón Colexiata do Sar, nas seguintes prazas:

18:00 horas: Praza do Obradoiro
18:30 horas: Praza de Cervantes
19:00 horas: Praza de San Agustín
19:30 horas: Praza do Toural
20:00 horas: Praza da Inmaculada (actuación conxunta das catro agrupacións participantes)

En caso de chuvia, as actuacións terán lugar no Teatro Principal a partir das 19:00 horas, realizando cada agrupación unha intervención de vinte minutos aproximadamente.

Esperámosvos!