06 / 05 / 2015

35 ANIVERSARIO DA AF COLEXIATA:
XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

O vindeiro fin de semana, sábado 16 e domingo 17 de maio, a Agrupación Folclórica Colexiata do Sar realizará unhas xornadas de portas abertas para amosar o seu traballo a todo o público asistente.

A primavera O Ensanche altera

A entrada será gratuita e poderase participar en todos os obradoiros organizados no seguinte horario: pola mañá de 11:00 h. a 14:00 h. e pola tarde de 17:00 a 20:00 h. Tamén se inaugurará no local da agrupación a exposición «Un Camiño Unha Illusión - 35 Anos».