19 / 03 / 2014

ACTUACIÓN DOS ALUMNOS DA NOSA
ESCOLA DE DANZA E MÚSICA TRADICIONAL
EN SAN LÁZARO

O próximo sábado 21 de marzo, ás 18:30 horas, os alumnos da Escola de Danza e Música Tradicional da Agrupación Folclórica Colexiata do Sar actuarán en San Lázaro (Santiago de Compostela), na explanada do Estadio Multiusos.

Festa Gastronómica da Uña de San Lázaro

A actuación intégrase na celebración da Festa Gastronómica da Uña, unha das máis antigas de Santiago de Compostela e moi coñecida polo seu prato tradicional: uñas con bertones de col, servidas con chourizo e patacas.

Esperámosvos!