12 / 09 / 2014

ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA
PARA O CURSO 2014/2015 NA NOSA
ESCOLA DE BAILE E MÚSICA TRADICIONAL

Dende o venres 12 de setembro ata o venres 3 de outubro, encóntrase aberto o prazo de matrícula para o novo curso na Escola de Baile e Música Tradicional da Agrupación Folclórica Colexiata do Sar. A solicitude de matrícula debe realizarse directamente a través da nosa páxina web, cumprimentando un sinxelo formulario.

AF Colexiata do Sar: Escola de Baile e Música Tradicional

A nosa escola imparte clases tanto a nenos e mozos de 4 a 14 anos coma a adultos. Nesta páxina encontraredes máis información, así como un formulario para matricularvos. A presentación do curso 2014/2015 será o sábado 4 de outubro, as 11:00 horas, no local da Agrupación (Praza da Colexiata s/n - Santiago de Compostela).

Podedes solicitar máis información chamando aos teléfonos 696 733 368 (Rafa) ou 629 714 972 (Ana).