18 / 06 / 2014

A AF COLEXIATA DO SAR ACTUARÁ
NAS FESTAS DE O CORPIÑO

O Santuario de O Corpiño, situado na parroquia de Losón (Lalín, Pontevedra), celebrará os días 23 e 24 de xuño as súas festas en honor á Virxe, que contarán coa presenza da Agrupación Folclórica Colexiata do Sar.

Festas de O Corpiño

Ademais de ofrecer un pasacalles o día 23 ás 11:00 horas, o grupo de baile da Agrupación Folclórica Colexiata do Sar actuará durante as dúas xornadas, unha vez finalizada a misa solemne con procesión oficiada ás 12:00 horas.

Agardamos vervos por alí!