05 / 06 / 2014

FESTIVAL DE FIN DE CURSO 2014
DA NOSA ESCOLA DE DANZA
E MÚSICA TRADICIONAL

O próximo domingo 8 de xuño, ás 18:00 horas, os alumnos da nosa Escola de Danza e Música Tradicional ofrecerán na Colexiata de Sar unha actuación para celebrar o seu Fin de Curso 2014.

Festival de Fin de Curso 2014

Ademais, os asistentes a este festival poderán gozar da segunda xornada da Festa Temática Medieval, organizada pola Comisión de Festas de Sar para recordar o pasado dun dos barrios con máis historia de Santiago de Compostela.

Esperámosvos!