03 / 03 / 2014

AMPLIAMOS O PRAZO DE INSCRICIÓN
NAS NOVAS ACTIVIDADES DA NOSA
ESCOLA DE BAILE E MÚSICA TRADICIONAL

Este mes de marzo, a Escola de Danza e Música Tradicional da Agrupación Folclórica Colexiata do Sar incorporará tres novas actividades ao seu programa: Pandeireta: Iniciación (A partir de 15 anos), Pandeireta: Perfeccionamento (A partir de 15 anos) e Coral tradicional (Adultos).

Bienvenidos a www.colexiata.com

Ampliamos o prazo de inscrición nestas novas actividades ata o próximo sábado 15 de marzo, así que xa podedes solicitar unha praza a través deste formulario, indicando os vosos datos e elixindo as seccións que vos interesan. Se o preferides, tamén podedes inscribirvos chamando aos teléfonos 696 733 368 ou 629 714 972.

Unha vez pechado o prazo de inscrición, informaremos a todos os solicitantes dos horarios, organización dos grupos e demais detalles de interese.

Esperámosvos!