05 / 02 / 2014
ABERTO O PRAZO DE PREINSCRICIÓN
NAS NOVAS ACTIVIDADES DA NOSA
ESCOLA DE BAILE E MÚSICA TRADICIONAL
O próximo mes de marzo, a Escola de Danza e Música Tradicional da Agrupación Folclórica Colexiata do Sar incorporará tres novas actividades ao seu programa: Pandeireta: Iniciación (A partir de 15 anos), Pandeireta: Perfeccionamento (A partir de 15 anos) e Coral tradicional (Adultos).

Abrimos un prazo de preinscrición para estas novas actividades ata o próximo día 23 de febreiro, así que xa podedes solicitar unha praza a través deste formulario, indicando os vosos datos e elixindo as seccións que vos interesan. Se o preferides, tamén podedes preinscribirvos chamando aos teléfonos 696 733 368 ou 629 714 972.
Unha vez pechado o prazo de preinscrición, informaremos a todos os preinscritos dos horarios, organización dos grupos e demais detalles de interese.
Esperámosvos!