31 / 01 / 2014
A AF COLEXIATA DO SAR ACTUARÁ
NAS FESTAS DE SAN BLAS 2014
O luns 3 de febreiro, a Agrupación Folclórica Colexiata do Sar actuará na festa que a parroquia de Sar (Santiago de Compostela) celebra anualmente en honor a San Blas.

A festa de San Blas, toda unha tradición na parroquia de Sar, conmemora o día do martirio do santo, patrón das enfermidades de garganta, nariz e oídos.
A Agrupación Folclórica Colexiata do Sar sumarase a estas celebracións cunha actuación, que terá lugar ás 20:30 horas na Praza da Colexiata.
Esperámosvos!