02 / 09 / 2013

BENVIDOS A
WWW.COLEXIATA.COM

A Agrupación Folclórica Colexiata do Sar comprácese en presentarvos a súa páxina www.colexiata.com, un lugar co que aspiramos a manter un contacto máis próximo con todos os afeccionados á música, a danza e o folclore tradicional galego.

Benvidos a www.colexiata.com

Na sección BENVIDA recibiravos o noso fundador, Don José Porto Buceta, e en HISTORIA poderedes achegarvos un pouco máis ás orixes e filosofía da Agrupación.

No apartado GRUPOS preséntase a composición e horarios de ensaio dos nosos grupos de danza e música tradicional, e en PEZAS recompílanse os temas que conforman o noso repertorio, recollidos ao longo de toda a xeografía galega.

En ESCOLA presentámosvos a nosa Escola de Danza e Música Tradicional, á que podedes unirvos a través dun formulario de contacto, e en ACTUACIÓNS recollemos os principais eventos nos que participou a Agrupación Folclórica Colexiata do Sar, ordenados cronoloxicamente dende o ano 1981 ata a actualidade.

No apartado MEDIATECA ofrecémosvos galerías fotográficas, vídeos e arquivos de audio das nosas actividades, mentres que en NOVAS vos manteremos informados de toda a actualidade de interese relacionada coa Agrupación.

Finalmente, en CONTACTO poñemos á vosa disposición unha serie de formularios que vos permitirán solicitar a presenza da Agrupación nun evento, reservar unha praza na nosa Escola de Danza e Música Tradicional, ou facernos chegar un comentario ou suxestión.

A páxina
www.colexiata.com vén a sumarse á nosa presenza en Facebook e YouTube, onde tamén compartiremos información de interese con calquera que desexe seguirnos.

Moitas grazas pola vosa visita: agardamos volver vervos a miúdo!