07 / 09 / 2022
ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA
PARA O CURSO 2022/2023 NA NOSA
ESCOLA DE BAILE E MÚSICA TRADICIONAL

Ata o vindeiro 30 de setembro podedes matricularvos nas actividades do novo curso da nosa Escola de Baile e Música Tradicional. A solicitude de matrícula debe realizarse directamente a través da nosa páxina web, cumprimentando un sinxelo formulario.
14 / 06 / 2022
A AF COLEXIATA DO SAR CONVÍDAVOS
A PARTICIPAR NO FESTIVAL
FOLK NA BEIRA DO SAR

O vindeiro sábado 2 de xullo convidámosvos a participar no festival FOLK NA BEIRA DO SAR, unha xornada de cultura e convivencia no Camiño da Prata pensada para desfrutar da música, a gastronomía, a arte e a literatura. A continuación presentámosvos o programa de actividades, que culminarán cun gran fin de festa a cargo de Carlos Núñez: reservade o día e acompañádenos!
23 / 05 / 2022
ACTUACIÓNS DA AF COLEXIATA DO SAR
NAS FESTAS DA ASCENSIÓN 2022
DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

O xoves 26 de maio, con motivo da celebración das Festas da Ascensión 2022 en Santiago de Compostela, a Agrupación Folclórica Colexiata do Sar participará no evento Folk na Rúa, ofrecendo actuacións en distintas prazas da cidade a partir das 18:00 horas.