05 / 09 / 2013

A AF COLEXIATA DO SAR
PARTICIPARÁ NUNHA NOVA EDICIÓN
DAS XORNADAS DE FOLCLORE GALEGO

O sábado 7 de setembro, a partir das 21:30 horas, a Agrupación Folclórica Colexiata do Sar participará nunha nova edición das Xornadas de Folclore Galego, cita de referencia da cultura tradicional galega que, dende hai máis de tres décadas, se organiza en Santiago de Compostela.

01 / 09 / 2013

GALIZA EN FELTRO:
A ORIXE DOS BONECOS
DA NOSA PÁXINA WEB

Por se alguén non o sabe, os bonecos que ilustran a cabeceira da nosa páxina web están inspirados no traballo de varios artesáns do feltro, especialmente Galiza en Feltro, que destaca pola súa sorprendente capacidade para capturar con inimitable mestría e sinxeleza a complexa esencia dos traxes tradicionais galegos.

23 / 08 / 2013

A CHARANGA DA AF COLEXIATA DO SAR
ACTUARÁ NAS FESTAS PATRONAIS
DE CURTIS

O próximo martes 27 de agosto, a partir das 19:00 horas, a charanga da Agrupación Folclórica Colexiata do Sar actuará nas Festas Patronais de Curtis, precedendo á verbena amenizada polas orquestras Gran Parada e Panorama.