25 / 09 / 2013

A AF COLEXIATA DO SAR
ACTUARÁ NAS FESTAS PATRONAIS
DE NEMENZO

O próximo sábado 28 de setembro, a partir das 13:30 horas, a Agrupación Folclórica Colexiata do Sar actuará nas Festas Patronais de Nemenzo.

16 / 09 / 2013

ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA
PARA O CURSO 2013/2014 NA NOSA
ESCOLA DE BAILE E MÚSICA TRADICIONAL

AF Colexiata do Sar: Escola de Baile e Música Tradicional

Anunciámosvos que, dende hoxe luns 16 de setembro ata o venres 4 de outubro, se encontra aberto o prazo de matrícula para o novo curso na Escola de Baile e Música Tradicional da Agrupación Folclórica Colexiata do Sar. A solicitude de matrícula pode realizarse directamente a través da nosa páxina web, cumprimentando un sinxelo formulario, ou ben chamando aos teléfonos 696 733 368 ou 629 714 972.

05 / 09 / 2013

A AF COLEXIATA DO SAR
PARTICIPARÁ NUNHA NOVA EDICIÓN
DAS XORNADAS DE FOLCLORE GALEGO

O sábado 7 de setembro, a partir das 21:30 horas, a Agrupación Folclórica Colexiata do Sar participará nunha nova edición das Xornadas de Folclore Galego, cita de referencia da cultura tradicional galega que, dende hai máis de tres décadas, se organiza en Santiago de Compostela.