11 / 10 / 2013

OS VECIÑOS DE SAR E ANGROIS
HOMENAXEAN AO NOSO FUNDADOR,
DON JOSÉ PORTO BUCETA

Don José Porto Buceta

Os veciños de Sar e Angrois organizaron unha merecida homenaxe a Don José Porto Buceta, fundador da nosa Agrupación Folclórica, con motivo dos seus 40 anos á fronte da parroquia de Sar.

09 / 10 / 2013

ASAMBLEA XERAL
DA FEDERACIÓN GALEGA
DE GRUPOS DE DANZA

O pasado mes de xullo celebrouse en Vigo a última Asamblea Xeral da Federación Galega de Grupos de Danza, na que se decidiu trasladar a súa sede a Vigo. Ademais, incrementouse o número de asociados a 31 grupos, e tomou posesión a nova directiva para os vindeiros catro anos.

07 / 10 / 2013

ARRANCA O CURSO 2013/2014 NA
ESCOLA DE BAILE E MÚSICA TRADICIONAL
DA AF COLEXIATA DO SAR

O pasado sábado, 5 de outubro, arrancamos un novo curso na Escola de Baile e Música Tradicional da Agrupación Folclórica Colexiata do Sar.