20 / 12 / 2019
ACTUACIÓNS DA AF COLEXIATA DO SAR
NO CICLO «AS RAÍCES NA PEDRA»

As agrupacións de baile e música tradicional Brincadeira, Cantigas e Agarimos, Colexiata do Sar e Ultreia participarán, un ano máis, no ciclo «As Raíces na Pedra», que desde o ano 2017 serve para difundir a nosa cultura tradicional, de forma lúdica e participativa, aos veciños de Santiago de Compostela. A continuación informámosvos das actuacións da Agrupación Folclórica e o Orfeón Tradicional Colexiata do Sar:
19 / 11 / 2019
MARÍA XOSÉ LÓPEZ, NOVA DIRECTORA
DO ORFEÓN TRADICIONAL
COLEXIATA DO SAR

É un pracer anunciarvos que, desde o pasado mes de outubro, o Orfeón Tradicional Colexiata do Sar conta con nova directora. Trátase de María Xosé López, artista e docente cunha extensa e recoñecida traxectoria vinculada á música tradicional, a arte dramática e a cultura galega. Sen dúbida, a súa ampla experiencia e coñecemento axudaranos a sacar o mellor de tod@s @s que integramos este proxecto ilusionante e apaixonante, nacido no ano 2014 no seo da Agrupación Folclórica Colexiata do Sar.
30 / 07 / 2019
ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA
PARA O CURSO 2019/2020 NA NOSA
ESCOLA DE BAILE E MÚSICA TRADICIONAL

Xa se atopa aberto o prazo de matrícula para o novo curso na Escola de Baile e Música Tradicional da Agrupación Folclórica Colexiata do Sar. A solicitude de matrícula debe realizarse directamente a través da nosa páxina web, cumprimentando un sinxelo formulario.