02 / 04 / 2014

ACTUACIÓN DOS ALUMNOS DA NOSA
ESCOLA DE DANZA E MÚSICA TRADICIONAL
EN SAN LÁZARO

Festa Gastronómica da Uña de San Lázaro

O sábado 21 de marzo, ás 18:30 horas, os alumnos da Escola de Danza e Música Tradicional da Agrupación Folclórica Colexiata do Sar actuarán en San Lázaro (Santiago de Compostela), na explanada do Estadio Multiusos.

22 / 01 / 2015

A ESCOLA DE DANZA E MÚSICA TRADICIONAL
AMPLÍA O PRAZO DE INSCRICIÓN
E OFRECE UNHA NOVA ACTIVIDADE

Ata o venres 20 de febreiro, a nosa Escola de Danza e Música Tradicional abre novamente o prazo de inscrición para as actividades de Pandeireta e Gaita / Percusión. Ademais, será posible matricularse nunha nova actividade: Pandeireteiros. Xa podedes solicitar unha praza a través deste formulario da nosa web.

16 / 12 / 2014

DOBRE ACTUACIÓN DOS ALUMNOS
DA NOSA ESCOLA DE DANZA
E MÚSICA TRADICIONAL

O sábado 20 de decembro, os alumnos da Escola de Danza e Música Tradicional da Agrupación Folclórica Colexiata do Sar presentarán dúas actuacións en Santiago de Compostela.