17 / 07 / 2014

A AF COLEXIATA DO SAR
PARTICIPARÁ NA EDICIÓN 2014
DAS XORNADAS DE FOLCLORE GALEGO

O sábado 19 de xullo, a partir das 21:00 horas, a Agrupación Folclórica Colexiata do Sar participará na edición 2014 das Xornadas de Folclore Galego, unha exhibición de música e baile tradicional galego que se celebra en Santiago de Compostela dende hai máis de 30 anos.

18 / 06 / 2014

A AF COLEXIATA DO SAR ACTUARÁ
NAS FESTAS DE O CORPIÑO

Festas de O Corpiño

O Santuario de O Corpiño, situado na parroquia de Losón (Lalín, Pontevedra), celebrará os días 23 e 24 de xuño as súas festas en honor á Virxe, que contarán coa presenza da Agrupación Folclórica Colexiata do Sar.

16 / 06 / 2014

A ESCOLA DE DANZA E MÚSICA
TRADICIONAL DA AF COLEXIATA DO SAR
PECHA O CURSO 2013-2014

Fin de curso 2013-2014

O pasado sábado 14 de xuño, a Escola de Danza e Música Tradicional da Agrupación Folclórica Colexiata do Sar celebrou a súa última clase, pechando oficialmente o curso 2013-2014.