02 / 03 / 2017

PROPOSTAS DA AF COLEXIATA DO SAR
INSCRITAS NA REDE CULTURAL
DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

AF Colexiata do Sar: Propostas inscritas na Rede Cultural da Deputación da Coruña

A Agrupación Folclórica Colexiata do Sar ten inscritas varias propostas na Rede Cultural da Deputación da Coruña, entre as que destaca unha nova sección inaugurada hai dous anos: o Orfeón Tradicional. Ata o día 10 de marzo, os concellos ou asociacións que desexen contratar unha destas propostas poden contactar connosco a través do email colexiata@colexiata.com.

06 / 09 / 2016

ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA
PARA O CURSO 2016/2017 NA NOSA
ESCOLA DE BAILE E MÚSICA TRADICIONAL

AF Colexiata do Sar: Escola de Baile e Música Tradicional

Ata o vindeiro venres 30 de setembro encóntrase aberto o prazo de matrícula para o novo curso na Escola de Baile e Música Tradicional da Agrupación Folclórica Colexiata do Sar. A solicitude de matrícula debe realizarse directamente a través da nosa páxina web, cumprimentando un sinxelo formulario.

14 / 07 / 2016

A AF COLEXIATA DO SAR
PARTICIPARÁ NA EDICIÓN 2016
DAS XORNADAS DE FOLCLORE GALEGO

Agrupación Folclórica Colexiata do Sar: Xornadas de Folclore Galego de Santiago de Compostela

O sábado 16 de xullo, a partir das 21:30 horas, a Agrupación Folclórica Colexiata do Sar participará na edición 2016 das Xornadas de Folclore Galego, unha exhibición de música e baile tradicional que se celebra en Santiago de Compostela dende hai máis de 30 anos.