16 / 02 / 2023

ENTROIDO COMPOSTELA 2023:
MÚSICA E CANTARES DE ENTROIDO
DA COMARCA DE SANTIAGO

Agrupación Folclórica Colexiata do Sar: Entroido en Compostela

O vindeiro sábado 18 de febreiro, a partir das 18:30 horas, a Agrupación Folclórica Colexiata do Sar percorrerá as rúas e prazas da zona vella compostelá interpretando «Música e Cantares de Entroido da Comarca de Santiago».

07 / 09 / 2022

ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA
PARA O CURSO 2022/2023 NA NOSA
ESCOLA DE BAILE E MÚSICA TRADICIONAL

AF Colexiata do Sar: Escola de Baile e Música Tradicional

Ata o vindeiro 30 de setembro podedes matricularvos nas actividades do novo curso da nosa Escola de Baile e Música Tradicional. A solicitude de matrícula debe realizarse directamente a través da nosa páxina web, cumprimentando un sinxelo formulario.

29 / 07 / 2022

A AF COLEXIATA DO SAR
PARTICIPARÁ NA EDICIÓN 2022
DAS XORNADAS DE FOLCLORE GALEGO

Agrupación Folclórica Colexiata do Sar: Xornadas de Folclore Galego de Santiago de Compostela

O sábado 30 de xullo, a partir das 21:30 horas, a Agrupación Folclórica Colexiata do Sar participará na edición 2022 das Xornadas de Folclore Galego, unha exhibición de música e baile tradicional que se celebra en Santiago de Compostela dende hai máis de 30 anos.