23 / 05 / 2017
ACTUACIÓNS DA AF COLEXIATA DO SAR
NAS FESTAS DA ASCENSIÓN 2017
DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

O xoves 25 de maio, con motivo da celebración das Festas da Ascensión 2017, os grupos da Agrupación Folclórica Colexiata do Sar participarán no evento Folk nas Rúas, ofrecendo actuacións en distintas prazas de Santiago de Compostela.
02 / 03 / 2017
PROPOSTAS DA AF COLEXIATA DO SAR
INSCRITAS NA REDE CULTURAL
DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Agrupación Folclórica Colexiata do Sar ten inscritas varias propostas na Rede Cultural da Deputación da Coruña, entre as que destaca unha nova sección inaugurada hai dous anos: o Orfeón Tradicional. Ata o día 10 de marzo, os concellos ou asociacións que desexen contratar unha destas propostas poden contactar connosco a través do email colexiata@colexiata.com.
06 / 09 / 2016
ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA
PARA O CURSO 2016/2017 NA NOSA
ESCOLA DE BAILE E MÚSICA TRADICIONAL

Ata o vindeiro venres 30 de setembro encóntrase aberto o prazo de matrícula para o novo curso na Escola de Baile e Música Tradicional da Agrupación Folclórica Colexiata do Sar. A solicitude de matrícula debe realizarse directamente a través da nosa páxina web, cumprimentando un sinxelo formulario.