21 / 10 / 2015

A ESCOLA DE DANZA E MÚSICA TRADICIONAL
DA AF COLEXIATA DO SAR
CHEGARÁ Á TELEVISIÓN XAPONESA

Escola de Danza e Música Tradicional

O pasado venres 16 de outubro, a canle xaponesa de televisión BS FUJI acudiu ás instalacións da Escola de Danza e Música Tradicional da Agrupación Folclórica Colexiata do Sar, onde gravou un dos seus ensaios para o programa «A viaxe en tren por Europa», que se emitirá este inverno para todo o país nipón.

14 / 10 / 2015

A AF COLEXIATA DO SAR PARTICIPARÁ
NA VI FOLIADA BENÉFICA DE
VILAGARCÍA DE AROUSA

AF Colexiata do Sar: VI Foliada de Vilagarcía de Arousa

O vindeiro domingo 18 de outubro, o Coro Tradicional da Agrupación Folclórica Colexiata do Sar participará na VI Foliada de Vilagarcía de Arousa, un evento benéfico que destinará todos os fondos recadados a «Arousa Solidaria», unha asociación de axuda cidadá.

02 / 10 / 2015

A AF COLEXIATA DO SAR ACTUARÁ
NA EDICIÓN 2015 DO PLAZARIK PRAZA
DE BASURTU (BILBAO)

AF Colexiata do Sar: Plazarik Plaza 2015 (Basurtu, Bilbao)

O vindeiro sábado 3 de outubro, a Agrupación Folclórica Colexiata do Sar viaxará a Bilbao para participar como grupo convidado no Plazarik Plaza, un programa para o impulso do folclore popular desenvolvido anualmente no barrio de Basurtu.