15 / 06 / 2017

A AF COLEXIATA DO SAR ACTUARÁ NO
«OBRADOIRO DE FORXA» ORGANIZADO POLO
CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Agrupación Folclórica Colexiata do Sar: Obradoiro de Forxa 2017

Do 16 ao 18 de xuño celebrarase na Praza da Quintana un «Obradoiro de Forxa» organizado polo Concello de Santiago de Compostela, que reunirá aos 20 mellores ferreiros e ferreiras do Estado. A animación musical do evento correrá a cargo da Agrupación Folclórica Colexiata do Sar, que actuará nos horarios que vos indicamos a continuación.

06 / 06 / 2017

FESTIVAL FIN DE CURSO 2016-2017 DA
ESCOLA DE BAILE E MÚSICA TRADICIONAL
DA AF COLEXIATA DO SAR

Escola de Baile e Música Tradicional: Festival Fin de Curso 2017

O domingo 11 de xuño, a partir das 19:00 horas, a Escola de Baile e Música Tradicional da Agrupación Folclórica Colexiata do Sar celebrará o seu Festival de Fin de Curso no Teatro Principal de Santiago de Compostela, con entrada gratuíta para todos os que desexen asistir. Ademais, a partir das 18:30 horas, os distintos grupos realizarán un desfile polas rúas da zona vella da cidade ata chegar ao teatro.

29 / 05 / 2017

OS ALUMNOS DA NOSA ESCOLA,
GAÑADORES DO XXXVII CONCURSO DE
BAILE TRADICIONAL XACARANDAINANA

XXXVIII Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina

O Grupo A da Escola de Danza e Música Tradicional da Agrupación Folclórica Colexiata do Sar recibiu o Primeiro Premio no XXXVII Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina, celebrado o 28 de maio de 2017 no Palacio da Ópera da Coruña. Neste enlace atoparedes un vídeo da súa actuación.